Fundada no século XV, a de Santiago é sen dúbida a universidade de maior tradición en Galicia pero tamén unha das máis antigas do mundo. Neste longo tempo, moitos foron os fitos destacados da súa traxectoria. E seguen a selo, porque a institución académica galega, na que estudan as usuarias de Residencia Universitaria Rosaleda, ven de ser considerada unha vez máis como unha das mellores do mundo.
Esta posición, outorgada polo Center for World University Rankings (CWUR), sitúa á USC entre as mellores 500 do mundo. No seu caso, destacan especialmente dúas cuestións. Por unha banda, o que ten que ver co emprego. Pola outra, o rendemento investigador do centro. Estes dous parámetros son os que mellores valoracións reciben por parte do coñecido ranking.
Neste senso, téñense en conta tamén os resultados do alumnado. Así, cuestións coma os recoñecementos académicos ou o acceso a postos executivos de relevancia forman parte tamén dos criterios de puntuación para os centros universitarios. E, de novo, neste caso a USC volve sacar moi boa nota.
Deja tu comentario