A Proba de Acceso á Universidade (PAU) 2026 está á volta da esquina. Se este ano te examinas, este é o teu resumo completo con datas, horarios, normas de acceso e todo o que non podes esquecer o día do exame.
A PAU 2026 conta con convocatoria ordinaria en xuño e convocatoria extraordinaria en xullo. A organización corre a cargo da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) e lembra: a convocatoria extraordinaria de xullo é a última oportunidade de presentarse á PAU 2026 para acceder ao Sistema Universitario Galego (SUG).
Horario oficial da convocatoria ordinaria
Martes, 2 de xuño
Mañá
- 9:00–10:00 h → Presentación (alumnado NEAE: 9:00–9:30 h)
- 10:00–11:30 h → Lingua Castelá e Literatura II
- 12:00–13:30 h → Historia de España / Historia da Filosofía
Tarde
- 16:00–17:30 h → Xeoloxía e Ciencias Ambientais / Matemáticas Aplicadas ás CC. Sociais II / Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica / Movementos Culturais e Artísticos
- 18:00–19:30 h → Debuxo Técnico II / Segunda Lingua Estranxeira (Alemán, Francés, Inglés, Italiano, Portugués) / Historia da Música e da Danza
Mércores, 3 de xuño
Mañá
- 9:30–11:00 h → Primeira Lingua Estranxeira (Inglés, Francés, Alemán, Portugués, Italiano)
- 11:30–13:00 h → Bioloxía / Tecnoloxía e Enxeñaría II / Historia da Arte / Debuxo Técnico Aplicado ás AA.PP. e ao Deseño II
Tarde
- 16:00–17:30 h → Física / Empresa e Deseño de Modelos de Negocio / Grego / Fundamentos Artísticos / Coro e Técnica Vocal II
- 18:00–19:30 h → Química / Xeografía / Deseño / Literatura Dramática
Xoves, 4 de xuño
Mañá
- 9:30–11:00 h → Lingua Galega e Literatura II
- 11:30–13:00 h → Matemáticas II / Latín II / Artes Escénicas / Debuxo Artístico II / Análise Musical II / Ciencias Xerais
Que tes que levar o día do exame
Obrigatorio:
- Etiquetas adhesivas con código de barras (recíbelas na comisión)
- DNI, pasaporte ou permiso de residencia (tamén se admite o DNI dixital coa App MiDNI)
- Resgardo de matrícula e xustificante de pagamento
- Bolígrafo ou pluma de tinta indeleble azul ou negra
Permitido:
- Xel desinfectante e panos de usar-tirar
- Auga ou refresco en botella transparente sen etiquetado
Materiais específicos segundo materia:
- Latín II → dicionario latín/español ou galego con apéndice gramatical (sen páxinas de contidos literarios)
- Grego II → dicionario grego/español ou galego con apéndice gramatical
- Debuxo, deseño e artes → material indicado nas directrices dos Grupos de Traballo
- Matemáticas II, Matemáticas CC. Sociais, Física, Química, Empresa e Ciencias Xerais → calculadora sen programación nin capacidade gráfica
Está prohibido acceder á aula con teléfono móbil, reloxo intelixente ou calquera dispositivo electrónico activado. O incumprimento pode supor a expulsión da aula, un 0 no exame ou a anulación total da proba.
Normas importantes o día do exame
- O estudantado debe estar presente ás 9:00 h o primeiro día (martes 2 de xuño) para a presentación.
- Unha vez repartidos os exames, non se pode abandonar a aula nos primeiros 30 minutos.
- Os exames deben ser anónimos: sen sinaturas, cores nin marcas identificativas.
- Cada exame ten catro preguntas obrigatorias. Se respondes máis das permitidas, só se corrixirán as primeiras.
Despois de realizar a prematrícula, podes revisar os teus datos na aplicación NERTA. Se detectas algún erro, diríxete ao teu centro de Bacharelato antes das 12:00 h do 22 de maio (convocatoria ordinaria). Non se admiten cambios despois desta data.
O alumnado con adaptacións específicas realizará a proba na comisión delegada que lle foi notificada, con todos os medios necesarios (ampliacións de tempo, lecturas comprensivas, apoios técnicos, etc.). Se precisas un acompañante, comunícao á CIUG con anterioridade.
Desde a nosa residencia en Santiago de Compostela desexámosvos moita sorte nesta etapa tan importante. Ánimo e a por todas!
Deja tu comentario