Visita Balcóns do Obradoiro

Os Balcóns do Obradoiro e o Pazo de San Xerome foron visitados por un grupo de residentes da nosa Residencia Universitaria Rosaleda de Santiago de Compostela.

Acompañadas pola nosa directora e por dúas das residentes veteranas, pasearon xuntas pola rúas da cidade ata chegar ao Colexio de Fonseca e ao Colexio de San Xerome.

Na actualidade é a sede do Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela

O horario de visita a San Xerome, que inclúe as impresionantes vistas da Praza do Obradoiro, é sempre pola tarde. Moitas das nosas residentes non poideron acompañalas por estar cumplindo coas súas obligacións académicas.

Foron acompañados por unha guía de excepción, a nosa querida Rosi de visitas guiadas da USC, que as conduciu por dependencias da Universidade nas que nunca estiveran.

En poucos minutos recopilaron historias e anécdotas ao redor dunha institución que conta con máis de 500 anos. Remataron a visita coa salida aos Balcóns do Obradoiro disfrutando das vistas privilexiadas ao Concello de Santiago de Compostela, Hostal dos Reis Católicos e a impresionante Catedral de Santiago.

Foi un día de ledicia que disfrutaron xuntas as rapazas da Residencia Universitaria Rosaleda.

Repetiremos sen dúbida o ano que ven.

#TopOfTheSanXerome

visitas.patrimonio@usc.es

@VisitasUSC