Benvida 27ª Promoción da R. U Rosaleda

Inicio  /  Santiago te espera  /  Benvida 27ª Promoción da R. U Rosaleda

 

Benvidas á Residencia Universitaria Rosaleda

 

 

Dende a Residencia Universitaria Rosaleda damos a máis cordial benvida á 27ª promoción de residentes que realizarán os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela no presente curso 2017-18.
A benvida será moi intensa xa que, este ano, o número de veteranas residentes é moi elevado e están moi implicadas en facer que a benvida, ás que veñen novas, resulte o máis natural e doado posible.
A maioría das rapaza son galegas pero tamén de Castela-León, Andalucía, Navarra, Canarias…¡Tamén de Italia!
Son estudantes de graos da Universidade de Santiago de Compostela pero tamén dos prestixosos másteres que esta institución oferta.
Estamos especialmente contentas porque este curso veñen varias irmáns de antigas residentes. Por isto e moitas máis cousas estamos ledas.
A piques de coñecer á que será unha das túas mellores amigas. ¡Benvida 27ª Promoción da Residencia Rosaleda!

 

 

🌟 A punto de conocer a la que será una de tus mejores amigas. La que te acompañará estos años. En lo bueno y en lo menos bueno. Bienvenida #27Promocion de la Residencia Universitaria Rosaleda #MisRosas 🌹

Publicado por Residencia Universitaria Rosaleda en Domingo, 10 de septiembre de 2017

 

 

 

Categoría:
  Santiago te espera