Cursos de verán 2019

Cursos da Universidade de verán 2019

UNIVERSIDADE DE VERAN NA USC

Os cursos de verán impartidos pola Universidade de Verán 2019, son recoñecidos para os estudantes de grao pola Universidade de Santiago de Compostela otorgándolle un número determinado de créditos.

É obrigatorio asistir a un mínimo de 80% de horas lectivas dos cursos. 

 

CREDITOS A RECIBIR EN FUNCION DA DURACION DO CURSO

?? 2 créditos por cada curso de 25 ou máis horas (6 créditos/total máximo)

?? 1 crédito por cada curso de menos de 25 horas (6 créditos/total máximo)

 

PREZO DA MATRICULA

Taxa reducida, para estudantes universitarios, de bacharelato e FP

?70 € para os cursos de  25 ou máis horas

?40 € para os cursos de menos de 25 horas

 

ONDE SE IMPARTEN OS CURSOS DE VERÁN

Estes cursos de verán desenrólanse ademais de en Santiago de Compostela nas vilas seguintes:

• Allariz
• Ares
• Láncara
• Lalín
• Lugo
• Meis
• Oia
• Rianxo
• Ribeira
• Sada

ALGÚNS DOS CURSOS DE VERÁN AOS QUE PODES ASISTIR

– Art-Math: as Matemáticas a través da educación artística.
– A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e os dereitos humanos: Oportunidades e desafíos para a erradicación da fame e o logro da igualdade de xénero
– As adiccións químicas e psicolóxicas no s.XXI: Avances en avaliación, tratamento e xestión
– VIII curso de divulgación: Química, a ciencia que envolve a nosa vida
– Donas das palabras: perspectiva de xénero e empoderamento das mulleres nos medios de comunicación
– Bioimpresión 3D: Tecnoloxía emerxente na fronteira entre a biomedicina e a enxeñaría (2ª edición)
– Economía e saúde: a avaliación económica de intervencións sanitarias
– Vida digna, morte digna
– Familia e infancia: os dereitos dos nenos e das nenas
– LaTeX: Creación de documentos científicos e presentacións.

PRAZO DE MATRÍCULA

O prazo de matrícula xa está aberto e remata dez días antes do inicio do mesmo.

Para máis información e tamén para matricularte preme no botón do correspondente curso na seguinte web:   http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran/