As tres Universidades Galegas, e os seus reitores, acordan a suspensión das clases e de todas as actividades docentes presenciais en vista da evolución da enfermidade do COVID-19 orixinada polo coronavirus SARS- CoV-2, seguindo as directrices marcadas esta mañá pola Xunta de Galicia.
Desde o mes de xaneiro a Residencia Universitaria Rosaleda adaptou un protocolo de actuación para previr e paliar no posible os efectos desta xa considerada pandemia.
Tamén informamos con material visual, tanto a traballadoras coma a residentes, das medidas a tomar para protexerse e protexer a os demáis deste virus respiratorio.
Pasaremos esta #cuarentena de 15 días coas residentes que non marchan para as súas casas xa que a partires de mañá, 13 de marzo, non haberá clases nas Universidades de Galicia.
Tamén se anulan as citas para visitar as instalaciones da Residencia Rosaleda. As reservas de plaza para o vindeiro curso 2020-2021 retrásense, en principio, ata mediados de Abril.
✅ Diariamente consultamos na Universidade de Santiago de Compostela medidas e recomendacións, así como nas webs da OMS, SERGAS e Ministerio de Sanidade. Máis información ⬇️⬇️⬇️
https://www.facebook.com/1922972421261964/posts/3099287470297114/?d=n
Na Residencia Universitaria Rosaleda agardamos que a suspensión das clases presenciáis e o confinamento da poboación sexan decisivos para frear a pandemia.
#sentidiño #FrenarLaCurva ##LaVacunaEresTú