Algunha das estudantes da Residencia Universitaria Rosaleda en Santiago de Compostela, pensaron noutro modo de pasar o verán no extranxeiro, coñecendo novas culturas e realizando actividades que fomenten a a colaboración, a tolerancia e o voluntariado na xuventude.
O INJUVE (Instituto de la Juventud) é membro dunha ONG composta por diversas organizacións de voluntariado internacional e por medio da Xunta de Galicia coordina un intercambio de prazas entre a Comunidade e os Campos de Traballo Internacionáis.
• Está dirixido a mozas e mozos de 18 a 30 anos.
• Ofrece 837 prazas en toda España.
• En 35 países: Alemaña, Camboia, China, Italia…
• De 15 días de duración.
Para solicitar unha plaza nun Campo de Traballo Extranxeiro, debes poñerte en contacto coa D. Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado onde aparecerán reflexadas as prazas que vaian quedando vacantes e tamén informarán dos requisitos para acceder a ditas prazas
O segundo prazo vai do 20 de maio ata o 25 de maio.
Podes ampliar información nos seguintes enderezos:
http://xuventude.xunta.es/campos-de-traballo-inscricion.html
http://injuve.es/gl/voluntariado/noticia/campos-de-trabajo-internacionales-2016
https://www.facebook.com/ResidenciaRosaleda/