A USC aposta pola avaliación non presencial dun curso que unha parte do estudantado pide parar xa.

A suspensión da actividade docente e o peche dos centros obriga a reformular a fin do curso académico en todo o país e tamén no espazo educativo de referencia para a Residencia Universitaria Rosaleda, a Universidade de Santiago de Compostela.

Neste senso, logo de favorecer a docencia a través de vías telemáticas e proceder a unha adaptación dos contidos teóricos e prácticos das distintas titulacións da universidade compostelá, a estas alturas preocupa especialmente o remate do curso e a súa avaliación.

Por este motivo, a USC propón un sistema de avaliación marcado pola “flexibilidade” deste “contexto excepcional” que garanta que “todo o estudantado poida participar nas probas programadas en condicións axeitadas”. Na práctica, a institución priorizará mecanismos de avaliación de carácter non presencial e optará polas que requiran asistencia física tan só naqueles casos nos que outras modalidades non sexan posibles.

Modalidades de avaliación

  1. Avaliación non presencial sen probas específicas.
  2. Avaliación con probas específicas non presenciais.
  3. Avaliación con probas presenciais.

Cabe sinalar que esta última opción, que se entende máis como excepción que como regra, de producirse deberá adaptarse a tódalas normas de seguridade impostas polas autoridades sanitarias.

Calendario de exames


En relación ás datas das probas, cada centro fixará os días de celebración dos exames presenciais e non presenciais de cada oportunidade deste segundo cuadrimestre respectando o seguinte calendario:

 Primeira oportunidade. As datas posibles para as distintas modalidades de avaliación serán as seguintes:

  • Avaliación sen probas específicas: desde o 15 de maio ata o 5 de xuño.
  • Avaliación con probas específicas: desde o 1 ao 27 de xuño. As probas presenciais, 
de ser o caso, deberán programarse a partir do 15 de xuño.

Segunda oportunidade. As datas posibles de exame da segunda oportunidade serán desde 
o 1 de xullo ata o 22 de xullo. Dentro destas datas posibles os Centros programarán as probas da segunda oportunidade correspondentes tanto ao primeiro cuadrimestre como ao segundo. 

Data límite para a publicación de resultados das probas

  • Primeira oportunidade (materias de segundo cuadrimestre): 30 de xuño.
  • Segunda oportunidade (materias de primeiro e segundo cuadrimestre): 24 de xullo.

Finalmente, as datas de revisión das cualificacións e probas deben fixarse dentro dos 5 días seguintes á data de publicación dos resultados, sen que, en ningún caso, poidan ir máis aló do 3 de xullo (para a primeira oportunidade) e do 27 de xullo (para a segunda oportunidade). Deste xeito, o peche de actas da primeira oportunidade terá lugar o 5 de xullo e o da segunda oportunidade o 30 de xullo.

TFG e TFM


Preocupa ao estudando dos últimos cursos de grao e máster como este panorama excepcional pode afectar aos TFG e TFM. En concreto, estes traballos poderán defenderse con carácter xeral desde o 6 ao 24 de xullo e desde o 3 ao 30 de setembro de 2020. Excepcionalmente poderán defenderse ata o 30 de novembro de 2020, cando, por diversas circunstancias, o traballo non poidera presentarse e defenderse dentro do prazo ordinario. 
Asimesmo, as facultades determinarán a data límite de entrega dos mesmos.

Folga estudantil nas tres universidades galegas


Tal e como están as cousas, parte do estudantado galego está a facer un chamamento á folga a partir do 16 de abril. Revindican dar por finalizado o curso e fan saber que non entregarán traballos solicitados nin asistirán ás aulas virtuais.

Permiso para desplazamento do alumnado

O Ministerio de Interior resposta á Universidade  que a posibilidad de retornar o estudantado universitario ás residencias ou pisos nos que residían no curso universitario, para recoller material que lles permita seguir estudando nos sus domicilios familiares, non está permitido xa que non está contemplado no artículo 7 do RD 463/2020.
Desde a CRUE se solicita ao Ministerio unha rectificación para que de modo puntual se poida voltar e recoller o material imprescindible para continuar a formación online desde as súas casas.Mentras tanto na Residencia Universitaria Rosaleda «gardamos ausencia» ás nosas residentes. Nas súas habitacións está todo preparado.
2020-05-21T11:24:48+02:0016 de abril de 2020 |Categorías: Noticias|Etiquetas: , |