Estudar en tempos da COVID: así será na USC o 3º curso en pandemia

Setembro. O mes dos novos comezos. De iniciar cursos. E de comezar ilusións. Está xa aquí e con el comezamos a saber como será este ano académico que está a piques de estrearse. Será un máis, o terceiro xa, marcado polo impacto da pandemia do coronavirus nas aulas.

Así as cousas, dende a Universidade de Santiago de Compostela -centro de referencia para Residencia Universitaria Rosaleda– acaban de darse a coñecer algunhas das indicacións que marcarán a vida dentro dos campus nos vindeiros meses.

Entre as cuestións máis destacadas atópase a redución do espazo que separará aos alumnos, que pasa de 1,5 a 1,2 metros nos niveis medio e baixo de restricións. Para escenarios de risco alto, mantense o metro e medio de distanciamento. Iso si, con tódalas medidas xa coñecidas: emprego da máscara, lavado das mans e ventilación continua.

Por outra banda, o uso de máscara nas instalacións da Universidade terá carácter obrigatorio mesmo cando se poida garantir a distancia de seguridade interpersoalmínima, a excepción do recollido nos protocolos correspondentes. Neste senso, persoal laboral e estudantado terán dereito a máscaras de protección.

Finalmente, o desenvolvemento das actividades formativas orientarase á formación de grupos estables, de xeito que se minimice o risco de contaxios e de transmisión. En definitiva, o 21/22 será un curso marcado polo avance da vacinación pero de total precaución –aínda– ante a transmisión da enfermidade.

Na Residencia Rosaleda aplicaremos as medidas asdoptadas o pasado curso ata a melloría da situación sanitaria
https://www.usc.gal/gl/usc/covid19