Benvida á Residencia Universitaria Rosaleda: estás na túa casa.
Estamos a piques de comezar o que será o terceiro ano académico en pandemia. Nestes días, a ilusión agroma en cada un dos recunchos de Residencia Universitaria Rosaleda así coma nos nosos pisos para estudantes, situados nas zonas máis céntricas de Santiago de Compostela.
Unha vez máis, e como ocorre cada setembro, na semana que comezan as clases a cidade énchese de novo de equipaxes. Vese nas rúas, nas distintas estacións de transporte e tamén na que serán fogares para milleiros de estudantes, os seus aloxamentos durante o curso. No noso caso, se o anterior foi un ano de extremar as precaucións por mor do coronavirus, este non vai ser distinto. É certo que a vacinación avanzou, e moito, nos últimos meses. Pero tamén o é que a enfermidade segue na rúa, empeñada en lembrarnos o fácil que sabe ir buscando novo inquilino ao seu paso. É por iso que unha vez máis aplicaremos os estrictos protocolos de seguridade, que nos deron tan bo resultado, contando coma sempre coa colaboración das nosas residentes.
Con isto, dende Residencia Universitaria Rosaleda repetiremos a experiencia que nos deixa o último curso para, ademais de ofrecer tódolos servizos relacionados co aloxamento -pensión completa, limpeza ou lavado e prancha, entre outros-, seguir desfrutando do ambiente favorable para o estudo e as relacións sociais que nos caracteriza.
Deja tu comentario