A Carreira Solidaria Universitaria chega xa á cuarta edición, organizada pola asociación de estudantes de medicina Run4Med e Campus da Nube. Contan co apoio da Universidade de Santiago de Compostela, a fundación USC deporte e a federación galega de atletismo.

Todo o recaudado nesta carreira será entregado  á Asociación Centinela (http://asociacioncentinela.es) unha entidade que desde o ano 2013 presta axuda a familias, mulleres, nais… que se atopan en situación de risco de exclusión e vulnerabilidade. Centinela, axuda a cen familias que o necesitan.

Os rapaces e rapazas que cursan sexto de medicina na Universidade de Santiago de Compostela buscan apoios e patrocinadores entre coñecidos e amigos para facer que entre todos a Asociación CentinELA conte con máis recursos. A Residencia Universitaria Rosaleda non podía quedar ao marxe e colaboraremos en todo o que sea posible.

Xa fai seis anos un grupo de rapazas chegaba a Santiago para cursar o seu primeiro curso de medicina na USC e nós fomos o seu primeiro fogar en Santiago de Compostela. Moitas seguen aquí e outras voltaron ás suas comunidades de orixe despois de cursar estudos en Galicia. Lembramos con moito cariño a Sara, Elisa, Natalia, Maria J,María, Belén, Micol, Iris, Angela, Lucía, Claudia, Bea… Promoción da R.U.Rosaleda do 2012/13

A carreira universitaria celebrarase o día 19 de abril, xoves, ás sete e media da tarde, con saída e chegada ó Campus Vida, o sempre chamado Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. A data de hoxe xa están inscritas 148 persoas na IV Carreira Universitaria pero fan falla moitas máis. Son 5,7 kilómetros moi asequibles. Animádevos.

 

https://es-es.facebook.com › Lugares › Santiago de Compostela

https://twitter.com/run4med?lang=es