Notas ABAU 2021

 

Notas ABAU 2021. Estás primeiras notas son provisionais e podes solicitar a revisión das mesmas.

Fai uns días, milleiros de estudantes galegos sentaban ante o seu futuro. Faciano, seguindo o estricto protocolo COVID, nos espazos habilitados para os exames que lles abrirán as portas da Universidade. Unha vez coñecidas as notas da ABAU 2021, toca decidir cara onde comezar un camiño académico que marcará tamén o profesional. Dende Residencia Universitaria Rosaleda queremos deternos, hoxe, nos seguintes pasos que os estudantes deben dar.

En concreto, é o acceso a aqueles estudos onde existe límite de prazas o que máis dúbidas acostuma xerar. Neste senso, cabe destacar que o prazo para formalizar dita solicitude se extenderá entre o 22 e o 30 de xuño, ata as 14.00 horas.

Poderán proceder a esta preinscrición:

  • Os alumnos de bacharelato da comunidade autónoma ou de fóra que aprobaron a ABAU en convocatoria ordinaria de 2021 (tanto se solicitaron revisión coma se non).
  • Os estudantes que se presentasen para mellorar a súa nota de acceso.
  • Os titulados/as de Formación Profesional que se presenten á ABAU na convocatoria ordinaria de 2021.
  • Aqueles en posesión do título de Bacharelato Europeo.
  • Alumnado con acreditación expedida pola UNED para acceder ao sistema universitario español.
  • Alumnado procedente de sistemas educativos estranxeiros

Estes estudantes poderán realizar a súa solicitude en periodo ordinario pero hai que ter en conta a existencia de prazos especiáis e extraordinarios 

Aplicación informática Nerta

Por outra banda, cabe sinalar que o estudantado da convocatoria ordinaria e extraordinaria realizarán os tramites administrativos do acceso ás ensinanzas universitarias do SUG a través da aplicación informática NERTA:

http://edu.xunta.es/nerta/alumnado, aberta ata as 14:00 horas do último día de cada un dos prazos sinalados. Se o precisas, podes acceder a este tutorial sobre a activación da conta de usuario:

http://www.youtube.com/watch?v=EoTPDKGM-Y0)