NOTAS ABAU 2020 

Publícanse as notas da ABAU 2020 e ábrese o prazo de revisión de exames.

Tras unha edición das probas ABAU de acceso ao sistema universitario ben distinta ao que estábamos acostumados por mor das restricións impostas polo coronavirus, nuns días o alumnado poderá solicitar, se así o considera, a revisión da súa cualificación. Esta comprobación, que pode pedirse nun ou varios dos exames realizados, terá de prazo para efectuarse un total de tres días.

Deste xeito, os estudantes poderán pedir a revisión das súas notas provisionales da ABAU 2020 dende o día 17 ata as 14.00 horas do 21 de xullo. Para levar a cabo este procedemento, deberá rexistrarse a solicitude na plataforma informática NERTA.


REVISIÓN


Na revisión dos exercicios vaise verificar:

  • Que os criterios xerais de avaliación foron aplicados correctamente.

  • Que o cálculo da suma de cada unha das cualificacións dos exercicios realizados é correcto, modificándose a cualificación de ser o caso, tanto para subir coma para bailar a nota da ABAU


Neste senso, dende a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) explícase que:


– Se houbo erro material: “a cualificación provisoria obtida pasa a ser a nova cualificación despois de modificar o erro material detectado. No caso de non haber erros materiais, mantense como cualificación provisoria a cualificación orixinal (P).

– Como segunda fase, terá lugar unha nova corrección por parte doutro especialista distinto ao que realizou a primeira corrección.

• Se esta segunda cualificación (S) ten unha diferenza menor de dous puntos, a cualificación    definitiva será́ a media aritmética entre S e P.
• Se a diferenza é de dous ou máis puntos entre ambas as cualificacións (P e S), será un terceiro profesor/a o que se encargará dunha terceira corrección (T). “Neste caso, a cualificación definitiva será́ a media aritmética das tres cualificacións.


As notas definitivas serán publicadas o día 23 de xullo.

DEREITO A VER OS EXAMES REVISADOS

O alumnado ten dereito a ver as probas revisadas unha vez finalizado o proceso de comprobación. Para iso poderá formularse a solicitude entre o 24 e o 27 de xullo (ata as 14:00h.) 
Finalmente, tanto aqueles estudantes que estean xa dacordo coa súa nota como aqueles que decidan revisar os seus exames -que contarán coa súa cualificación definitiva o día 23 de xullo- poderán proceder á inscrición no sistema universitario entre o 20 e o 28 de xullo.

Será o 11 de agosto cando se coñeza o primeiro listado de admitidos.

Na Residencia Universitaria Rosaleda de Santiago de Compostela  estamos preparando o curso universitario. Seguro que poderás estudiar na USC

https://www.ciug.gal/gal/abau