NOTA CORTE PSICOLOXIA USC 2016-2017

 

O grao en Psicoloxía da USC é unha das titulación máis demandadas polos estudantes que comenzan na Universidade cada ano.  A Universidade de Santiago de Compostela é a única das tres Universidades galegas na que se pode estudar a titulación e ofértanse un total de 150 prazas. Na Residencia Universitaria Rosaleda fomos recadando as notas necesarias para acceder á carreira de Psicoloxía cada ano e comprobamos que a nota necesaria para cursala vai medrando ano tras ano.

O grao en Psicoloxía ó estar enmarcada nas titulacións de Ciencias da Saúde sofre variación nas notas de acceso en cada novo listado de admisión e chamamento a matrícula, aínda que as baixadas non son moi amplas. Os estudantes que queren cursar o grao en Farmacia ou Bioloxía, por poñer un exemplo, adoitan incluir no formulario de preinscrición tamén a titulación de Psicoloxía. Mentras  non conseguen acceder á titulación de primeira elección manteñen retida a titulación de Psicoloxía, a cal non queda liberada ata que se matriculan das opcións prioritarias.

No curso 2016-2017 o derradeiro convocado para matricularse no grao de Psicoloxía da USC do primeiro listado do 13 de xullo, necesitou un 8,874.  Esta nota foi baixando, ata o sétimo listado do 20 de outubro no que parecía que pechaban definitivamente matricula. Aínda así, no oitavo e derradeiro chamamento, e por causa outra vez dalgunha baixa, ou porque non todos os convocados formalizaron a matrícula, a nota chega ó valor definitivo de 8,594.

Por íso non debemos perder a esperanza se non conseguimos matricularnos no primeiro chamamento. Hai oito listados de admitidos á Universidade cos conseguintes chamamentos a matrícula.

¡Moita sorte! Esperamos verte por Santiago de Compostela.

http://www.usc.es/es/centros/psicoloxia/