Datas importantes ABAU 2018

Inicio  /  Acceso a la Universidad  /  Datas importantes ABAU 2018
abau-2018

Consulta as datas máis importantes da ABAU 2018.

 

Como cada ano, na Residencia Universitaria Rosaleda de Santiago de Compostela, facemos todo o posible para informar dos aspectos relacionados coa ABAU e o acceso ás Universidades de Galicia.

Por íso, elaboramos unha serie de cadros coa información más relevante que iremos publicando ó longo de todo o proceso de admisión á Universidade, así comezaremos polas datas de realización da ABAU,  exames, publicación das notas, prazos de reclamación…

Seguiremos coas notas de corte detalladas dos últimos anos. Tamén coa axuda de todos os que vos presentades á ABAU,  iremos calculando as notas de corte correspondentes ó primeiro listado de admitidos e sucesivos. Lembrade que son oito.

O tempo bótase enriba e o máis importante é que ademáis de preparar ben as probas non vos poñades nervosos. E por favor:

  • Non esquezades o DNI
  • Non perdades as etiquetas
  • E xa sabedes que este ano non se pode levar o pelo solto ( para comprobar que non se leva ningún tipo de auricular)

Recordatorio ABAU

 

Desde Residencia Universitaria Rosaleda desexámosvos moita sorte. O traballo ben feito e o esforzo xa o demostrastes este ano.

Esperámosvos na Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información na seguinte ligazón:

http://www.usc.es/gl/perfis/futuros/index.html

Categoría:
  Acceso a la Universidad