Son tempos nunca vividos con anterioridade. A declaración de emerxencia e o estado de alarma provocado pola pandemia do coronavirus, que ocasionou a suspensión das clases fai xa uns días en tódolos niveis educativos, obriga agora a modificar prazos e probas académicas.
Dende Residencia Universitaria Rosaleda en Santiago de Compostela vimos de saber que se variará o calendario pero tamén o tipo de exame propio das probas de acceso á universidade.Así o acaban de acordar o Ministerio de Educación e Formación Profesional e o Ministerio de Universidades nun encontro ao que estaban citados tamén representantes das distintas comunidades autónomas. Unha vez rematou esta reunión, trascendeu que:
- A ABAU 2020, vaise celebrar entre o 22 de xuño e o 10 de xullo en convocatoria ordinaria e antes do 10 de setembro en extraordinaria, segundo aprobou a Conferencia Sectorial de Educación.
- Na posterior reunión coa CIUG o 6 de abril para fixar as datas da ABAU extraordinaria, acórdase que en Galicia se celebre os días 15, 16 e 17 de setembro.
- Pola súa banda, o modelo de exame debe axustarse á excepcionalidade que supón o actual estado de alarma para non prexudicar ao alumnado.
- Finalmente, tamén se aprobou flexibilizar as prácticas de Formación Profesional e que se suspendan as probas de avaliación diagnóstica de 3º e 6º de primaria e 4º da ESO.
En resumo, estamos ante medidas excepcionais para un tempo tamén completamente distinto a outros. Dende Residencia Universitaria Rosaleda queremos, neste momento, transmitir unha mensaxe de forza e apoio a tódolos estudantes e, en especial, ás nosas residentes. Entre todos, seremos capaces. Esperamos dar boas novas moi pronto.
#QuedaNaCasa