A Universidade de Santiago de Compostela recibe estos días a cerca de 22.000 estudantes nas súas aulas (case 200 máis que o curso pasado). Este curso 2025-2026 chega cargado de retos para a entidade xa que se formaliza o relevo do máximo responsable da USC, Antonio López, na próxima primavera.

O proceso electoral comeza en novembro e polo momento so hai unha listaxe de mulleres que expresaron a súa convicción a presentarse para poder dirixir a universidade nos próximos seis anos. Sería a primeira vez, nos 530 anos de historia da USC, que unha muller ocupe o cargo de reitora.

Falamos de Rosa Crujeiras, catedrática de Matemáticas e directora do Citmaga; María José López Couso, actual vicerrectora de Titulacións e Internacionalización e exdecana de Filoloxía; Mar Lorenzo, decana de Ciencias da Educación; Maite Flores, catedrática de Física e presidenta da CIUG; e Alba Nogueira, catedrática de Dereito Administrativo.

Nestas eleccións están convocadas 27.000 persoas con dereito a voto, entre estudantes e funcionarios.