O Grao en Biotecnoloxía e o Grao en Criminoloxía impartiranse no  Campus de Santiago de Compostela da Universidade de Santiago de Compostela, USC, o vindeiro curso 2018-19.

  •  Grao en Biotecnoloxía: Ofertaranse un total de 50 prazas. As clases serán impartidas no entorno do Campus Vida, nas Facultades de Bioloxía e Farmacia así coma na Escola Técnica  Superior de Enxeñaría ( ETSE). É unha titulación amplamente demandada polo tecido empresarial biotecnolóxico da  Comunidade Autonómica Galega, xa que o número de empresas de este tipo aumenta,  según os datos aportados pola Xunta de Galicia.

  • Grao en Criminoloxía: Ofertaranse 50 prazas. É unha titulación ben coñecida pola comunidade universitaria, xa que foi impartida ate agora como título propio da Universidade de Santiago de Compostela. Este novo grao será impartido na Facultade de Dereito do Campus compostelán o vindeiro curso 2018-19, cumpríndose así unha antiga demanda tanto de alumnos coma de profesores do citado título.

 

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2018_02/noticia_0095.html